CRTVG

Buscar

Á consulta a primeira ordenanza de mobilidade na Coruña

Publicado o 17/09/2020 11:40

En cuestión de meses, na Coruña podería entrar en funcionamento a primeira ordenanza de mobilidade na historia da cidade.

Por incrible que pareza, será o primeiro documento deste tipo que teña a cidade. De feito, dende hoxe xa está á exposición pública durante dous meses. O Goberno municipal comprométese a ter un borrador do texto para o seu debate no pleno e así que a nova ordenanza entre en vigor a comezos do vindeiro ano.

Certo é que arestora hai numerosas ordenanzas que regulan aspectos da mobilidade urbana, coma o estacionamento, o transporte ou a circulación, pero é necesario un texto que refunda todo isto e que sobre todo se adapte aos novos tempos e aos novos modelos e dea prioridade aos vehículos brandos, ao transporte público e tamén aos peóns. E que incorpore tamén materias que ata o de agora carecen de regulamento específico, como pode ser o carril bici ou o uso de patíns para circular pola cidade.

Noticias web

17/09/2020