A construción di que precisa uns 4.500 traballadores, especialmente cualificados
Publicado o 25/08/2020 11:24
Un dos sectores que recupera a boa senda é o da construción, tanto é que teñen problema para atopar man de obra, e propoñen un éxodo dende outros sectores máis afectados pola crise.
Diego Vázquez Reino, presidente da Federación Galega da Construción, asegura que os postos máis difíciles de cubrir son os cualificados.