CRTVG

Buscar

A construción dun túnel en Vigo para soterrar o tráfico na Porta do Sol preocupa os veciños e comerciantes

Publicado o 08/10/2019 14:34

A construción dun túnel en pleno centro de Vigo está a xerar bastante malestar entre os veciños e comerciantes da contorna da cidade vella. Falan dunha peonalización encuberta que soterrará o tráfico á costa de matar un lugar emblemático da cidade coma é Elduayen e o paseo de Alfonso.

A estrutura que, segundo din, separará aínda máis a cidade vella nunha parte de paso para moitos peregrinos. Piden un proxecto sostible para unha zona que teme os efectos das obras e o resultado que o proxecto poida xerar, cunha boca de entrada ao túnel e outra de saída na rúa de Elduayen.

As obras comezarán en xaneiro e terán unha duración en principio de dous anos. Pídenlle ao Concello que recapacite e sobre todo que teña en conta as súas propostas para lograr unha peonalización real.

Noticias web

08/10/2019