A conselleira de Política Social destaca o apoio da Xunta ás persoas con discapacidade durante a pandemia
A conselleira de Política Social destacou as persoas con discapacidade contaron con todo o apoio en Galicia durante a pandemia. Foi durante o encontro que mantivo co Cermi, o Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade. Fabiola Garcia puxo en valor os esforzos realizados polo Goberno galego para manter o financiamento dos centros que atenden persoas con discapacidade nos meses que estiveron pechados a causa da pandemia.
"Fomos quen de consolidar e manter o mellor servizo e atención a todas estas persoas porque en ningún momento nin os centros de día nin os centros ocupacionais de Galicia se viron resentidos no financiamento, consolidamos todo o financiamento para continuar atendendo sempre as persoas con discapacidade e apoiando ás súas familias", di Fabiola García, conselleira de Política Social.