CRTVG

Buscar

A Consellería do Mar pídelle a Bruxelas que non criminalice o sector coa instalación de cámaras nos barcos

Publicado o 25/03/2021 20:40

A Consellería do Mar pídelle a Bruxelas que non se criminalice a frota pesqueira coa instalación de cámaras de vixilancia a bordo das embarcacións.

Así llo trasladaron á directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca nunha xuntanza por videoconferencia en que se trataron outros temas importantes para o sector como as cotas co Reino Unido.

Rosa Quintana explicou que a idea das cámaras é disparatada, o mesmo que confirman os representantes do Consello Galego de Pesca presentes na mesma reunión.



 

Noticias web

25/03/2021