CRTVG

Buscar

Sanidade porá en marcha un equipo móbil para concienciar a mocidade dos riscos do alcol

Publicado o 13/08/2019 08:53

A Consellería de Sanidade porá en marcha un equipo móbil formado por un médico e dous educadores sociais para informar
a mocidade dos riscos de consumir alcol e outras drogas.
Ese equipo desprazarase polas zonas de botellóns que, segundo un estudo universitario do que informa Faro de Vigo, concéntranse en máis de trinta concellos. A maioría pertence ás provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo esa información, en Galicia hai 36 concellos con zonas de copas que concentran cada fin de semana un número elevado de mozos e en trinta deles tamén beben na rúa en plan botellón. Hai catro concellos máis que aínda que non teñen zona de bares, si acollen xuntanzas de botellón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019