CRTVG

Buscar

A consellería de Sanidade informa que o produto causante da listeriose non foi comercializado en Galicia

Publicado o 20/08/2019 19:36

 

 

A consellería de Sanidade informa que o produto causante da listeriose non foi comercializado en Galicia

En relación ao brote de listeriose de Andalucia, a Consellería de Sanidade está en permanente contacto coa Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, a través da rede de alerta alimentaria (SCIRI), que trasladou á Dirección Xeral de Saúde Pública do departamento sanitario autonómico galego que non hai evidencias de que o produto causante da intoxicación fora comercializado en Galicia.

 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí