CRTVG

Buscar

A Consellería de Medio Ambiente prepara 50 rutas de cicloturismo

Publicado o 14/09/2021 16:27

O cicloturismo é unha tendencia á alza e Galicia, pola súa riqueza pasaxística e cultural, non quere deixar pasar a oportunidade de sacarlle rendemento. A Consellería de Medio Ambiente está a deseñar itinerarios accesibles a todos os niveis, tanto para facer rutas en familia como para expertos.

O proxecto está avanzado e nun mes presentaranse as primeiras 20 rutas. O obxectivo final é ter definidos antes de que remate o ano, 3.000 quilómetros do que será a guía 'A paisaxe galega desde a bicicleta'.

Noticias web

14/09/2021