CRTVG

Buscar

A Consellería de Medio Ambiente aproba o borrador do primeiro plan de cartografía de Galicia

Publicado o 18/11/2019 14:08

A Consellería de Medio Ambiente aproba o borrador do primeiro plan de cartografía e información xeográfica de Galicia.

A titular deste departamento, Ángeles Vázquez, presidiu a reunión da comisión de coordinación que elaborou a proposta inicial do documento. Agora terá que someterse aos trámites de informe e consulta pública antes de que se aprobe definitivamente no Consello da Xunta o ano que vén.

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, defendía a importancia do plan: "Por que? Porque teremos unida toda a información do territorio, e iso é fundamental en distintos campos: para planificación e xestión do territorio en si, porque camiñamos cara a unha simplificación, e para xerar coñecemento".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019