CRTVG

Buscar

A Consellería de Educación negocia cos sindicatos para a suba salarial dos docentes

Publicado o 16/05/2018 20:43

A Consellería de Educación abre o diálogo cos sindicatos para incrementar o salario dos 30 mil docentes do ensino público en Galicia.

A de hoxe foi unha primeira toma de contacto que busca a equiparación co resto das comunidades. De momento, hai acordo en que a suba nas nóminas sexa lineal para todos os corpos. Educación pretende devolver os profesores galegos ao alto da táboa, e antes de dar cifras, quere escoitar. CCOO, ANPE e a UXT piden un incremento de 130 euros. A CIG elévao a 200 e discrepa coa Xunta e co resto dos sindicatos en que a negociación se cinga á equiparación salarial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018