CRTVG

Buscar

A Conselleira do Mar reúnese con eurodeputados españois para coñecer o impacto do 'brexit' no sector pesqueiro

Publicado o 12/01/2021 15:17

A conselleira do Mar quere coñecer a letra pequena do acordo do brexit no eido pesqueiro. Rosa Quintana mantivo unha reunión por videoconferencia cos eurodeputados españois de Pesca para pedirlles a súa colaboración ante as institucións europeas.

Quintana tamén lles trasladou a estratexia da Xunta para defender os intereses do sector marítimo-pesqueiro galego, que se basea en dous informes sobre o impacto do acordo do brexit.

 

Noticias web

12/01/2021