A conselleira do Mar, positivo en coronavirus, confinada na casa
Publicado o 19/12/2020 19:29
Este sábado soubemos que unha integrante do Goberno galego está contaxiada. É a conselleira do Mar. Ela mesma informou nas súas redes sociais. Rosa Quintana asegura estar ben e asintomática.
Seguindo os protocolos de saúde pública, os contactos máis estreitos están a ser avisados. Estará uns días confinada ata que se recupere totalmente pero, asegura, pendente do sector esta vez vía telemática.