CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

A conselleira do Mar mantén que hai sardiña suficiente sen que pechen os caladoiros

Publicado o 04/11/2017 14:47







Os informes científicos que recomendan a prohibición da pesca da sardiña no Atlántico, diante da súa escaseza, afectarían especialmente a barcos galegos e do Cantábrico, así como do golfo de Cádiz e Portugal. O sector en Galicia está preocupado porque o vindeiro ano a Unión Europea decrete unha veda total. Esta mañá a conselleira de pesca, Rosa Quintana, asegurou que había recursos pesqueiros dabondo para non pechar os caladoiros.


Dende a Consellería manifestouse que se seguían mantendo xuntanzas coas confrarías e co sector pesqueiro para poder continuar mantendo a actividade extractiva da sardiña o vindeiro ano, aínda que en cantidades menores.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí