CRTVG

Buscar

A conselleira de Política Social visita a Cociña Económica de Santiago

Publicado o 27/12/2019 17:28

A Cociña Económica de Santiago ofreceu cento catro mil servizos o ano pasado e neste 2019 agarda aproximarse a esa mesma cifra.

Este mediodía, a conselleira de Política Social visitou as instalacións da entidade e mesmo compartiu mesa cos usuarios.

Fabiola García lembrou que a Xunta acaba de poñer en marcha o Plan de atención a persoas sen fogar e asegurou que o executivo autonómico seguirá apoiando as entidades sociais de Galicia
 

Noticias web

27/12/2019