CRTVG

Buscar

A conselleira de Educación di que a OPE en Educación reducirá a interinidade ao 7 %

Publicado o 30/01/2019 14:21

A Xunta proponse mellorar a oferta educativa co plan de infraestruturas 2019 para investir nos centros con máis necesidades e reforzando o profesorado. Para iso convoca unha OPE con 2.064 prazas en 35 especialidades, o 85 % de acceso libre.

Carmen Pomar, conselleira de Educación: "E ademais podemos engadir que no concurso de traslados deste ano se vai permitir unha maior estabilización dos profesores e profesoras e isto vai mellorar, evidentemente, a calidade do ensino".

Cre que esa estabilidade do profesorado beneficiará os proxectos educativos, como os que van poñer en marcha nos próximos meses para alumnos con necesidades especiais como dislexia, altas capacidades ou discapacidades auditivas.

Carmen Pomar, conselleira de Educación: "Falicitar dalgunha maneira a intervención específica en alumnado con algún tipo de necesidade especial nos centros. Tamén poñeremos en marcha en breve un plan de orientación vocacional e profesional para o alumnado dende primaria ata bacharelato".

Un dos obxectivos será reforzar as vocacións científicas nas nenas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/01/2019