CRTVG

Buscar

A conmovedora historia dun vigués con alzhéimer inspira unha curtametraxe

Publicado o 24/06/2020 19:06

O confinamento vai ser difícil de esquecer. A espontaneidade, a solidariedade e os agradecementos foron protagonistas de moitos días. Sobre todo nos balcóns. Seguro que o recordan. En Vigo conmoveunos a historia dun maior enfermo de alzhéimer que saía a tocar a súa harmónica e pensaba que os aplausos eran para el. Unha historia tan bonita como tenra. Tanto que hoxe xa é a historia dunha curtametraxe de animación.

Non fallou ningún día. Ás oito, puntual, este velliño de orixe alemá acudía coa súa harmónica á cita no balcón da residencia de Vigo onde vive . Empezaba o seu concerto. El pensaba que tocaba nun grande auditorio, no mesmo en que o alzhéimer o separa da realidade. A súa coidadora non quixo baixalo desas táboas soñadas e cando Hermann escoitaba os aplausos para os sanitarios pensaba que eran para el.

E non tardaron moito en selo. Hermann e a súa historia acabou conquistando todos os veciños. Acabou por gañar unha grande ovación. Conquistou tamén un estudio de Barcelona, que, coa súa historia, fixo esta curtametraxe.

Un guión baseado, probablemente, nunha das historias máis conmovedoras do confinamento.

Noticias web

24/06/2020