CRTVG

Buscar

A congregación do Val dos Caídos di que acatará a lei

Publicado o 09/10/2019 16:52
A congregación do Val dos Caídos di que acatará a lei

A congregación beneditina de Solesmes (Francia), á que pertence a abadía do Val dos Caídos, asegurou este mércores a Efe que, do mesmo xeito que xa dixo a Santa Sé, "non irá contra a lei" no caso da exhumación de Franco, aínda que lle pediu ao Goberno español que espere a que se resolvan todos os recursos antes de facelo.

Unha fonte próxima ao abade de Saint Pierre de Solesmes, cabeza da congregación, insistiu en que a súa posición é a mesma que a do Vaticano, pero acusou o Goberno de "precipitación" e de instrumentalizar politicamente unha ferida histórica.

"A posición máis sabia é esperar os recursos, e estou moi sorprendido pola precipitación coa que actúa o Goberno, pois hai que seguir a lei e cando hai recursos, polo menos en Francia, non se pode forzar", sinalou a fonte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí