CRTVG

Buscar

A confusión coa velutina ameaza á vespa galega, que pode axudar a combatela

Publicado o 12/10/2017 21:02

Os apicultores galegos advirten de que se están eliminando por confusión niños de avespas autóctonas pensando que son de velutinas. Din que este erro resulta moi perxudicial, xa que estes insectos arraigados en Galicia son precisamente os que máis axudan a loitar contra as avespas asiáticas.

O temor á vespa velutina, que chega a cada vez máis recunchos de Galicia, está a provocar que se actúe por confusión contra outra especie que, precisamente, é a que máis axuda a combater estas invasoras asiáticas. O sector apícola advirte deste perigo. Din que a vespa crabro, unha variedade xa asentada desde hai tempo en Galicia, é tamén de gran tamaño, pero moi fácil de diferenciar das velutinas.

Aliadas porque loitan coa velutina polo control do territorio e porque non son tan perigosas para as colmeas. No caso de atopar un niño, os expertos advirten de que hai que alertar ao 112 para que persoal especializado confirme que se trate de velutinas antes de proceder a súa retirada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017