A confraría de Vigo contrata seguridade contra o furtivismo
Publicado o 17/01/2019 14:15
O furtivismo move toneladas de produto en fresco. En costa, na praia ou nas rochas, trátase dunha actividade ilegal. A confraría de pescadores de Vigo quere combatelo e para iso contrataron seguridade privada.
As zonas máis conflitivas son as de Chapela, Teis, Bouzas e Canido. Lugares cunha gran tradición mariñeira e que logo venden polos restaurantes. Os vixilantes van cambiando de zonas e de horas. O furtivismo afecta todas as especies.
Un dos grandes problemas é que o produto non ten unhas garantías sanitarias para o seu consumo. Non só se dedican ao furtivismo, por iso teñen problemas coa Policía Nacional, porque os acusan de roubos e de vender ilegalmente.