CRTVG

Buscar

A Confraría de Vera Cruz recupera a Semana Santa do Carballiño

Publicado o 17/04/2019 21:06

Nestes días santos hai localidades que resoan en boa parte de Galicia. Pero tamén vilas onde a Semana Santa comeza a coller sona. No Carballiño boa parte dese traballo de recuperación da Semana Santa débese á Confraría da Vera Cruz. Comezaron hai dez anos e agora son xa máis de trescentos confrades os que colaboran na celebración e difusión desta festividade. 

E de a pouco a confraría foi medrando e con ela a sona da Semana Santa do Carballiño
Apuntan que aquí a Semana Santa nunca deixou de celebrarse. Pero apostaron por organizala doutro xeito
Cartaces, exposicións, ciclos de conferencias, redes sociais... todo axuda, din, a chegar cada vez a máis xente. Aquí tamén lle cantan saetas a Virxe cando sae en procesión polas rúas. Unha mostra máis din de devoción e espiritualidade que queren compartir cada vez con máis xente.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2019