CRTVG

Buscar

A confraría de Paradela, en Meis, vive o Xoves Santo a través da Rede

Publicado o 09/04/2020 21:31

Ata 33 actores aparecen neste vídeo para recrear neste Xoves Santo a última cea. Gravaron os textos na casa co móbil e agora o seu traballo pode verse a través da súa páxina de Facebook.

Levaban dende outubro preparándose para unha representación en directo que congrega centos de persoas e actores que recrean as escenas nos exteriores da parroquia. A actual situación obrigounos a mudar moitas cousas, pero non por iso baixaron o pano este ano.

E nesas gravacións tampouco faltou o sentido do humor. É o que toca, así que esta Semana Santa haberá que seguila a través da Rede.

Noticias web

09/04/2020