CRTVG

Buscar

A confraría de Noia completa a segunda mellor campaña marisqueira da súa historia

Publicado o 04/03/2019 18:38

A confraría de Noia completa este mes a segunda mellor campaña marisqueira da súa historia.

Cando falta menos dun mes para que peche a campaña marisqueira, en Noia xa saben que este vai ser un ano especialmente bo. Calculan que o segundo mellor exercicio da súa historia.

Santiago Cruz Martínez, patrón maior de Noia: "Os prezos moi bos, un dos mellores da historia, e a campaña, a segunda mellor da historia. Xa levamos facturados máis de 16 millóns de euros e aínda falta o mes de marzo".

Entre berberecho e ameixa, nesta campaña facturaron xa máis de dous millóns e medio de quilos. E a boa nova non remata aquí. Os xestores destes bancos din que tamén hai boas perspectivas de futuro.

Santiago Cruz Martínez, patrón maior de Noia: "O importante tamén é que temos os bancos con bastante cría de ameixa e berberecho. Para a próxima campaña a comezos de setembro abrimos a mellor zona. Así que, polo de agora, hai futuro".

O 70 por cento do berberecho con orixe en España sae dos bancos de Noia. Esta confraría é xa un referente a nivel nacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019