CRTVG

Buscar

A confraría de Barallobre advirte: "A ría de Ferrol está no límite"

Publicado o 17/01/2020 15:13

A confraría de pescadores de Barallobre alerta de que o marisqueo na ría de Ferrol está nunha situación límite. Insta os representantes do sector e das administracións a colaborar na busca de medidas urxentes que identifiquen o problema e permitan atopar solucións ante as campañas catastróficas, din, dos últimos anos. Poñen como exemplo as capturas de ameixa babosa, que pasaron de 157 toneladas en 2015 a 14 en 2019.

Jorge López, patrón maior da confraría de Barallobre: "A ría de Ferrol está no límite. Penso que é a última oportunidade que temos de xuntarnos todos e, entre as diferentes administracións, tomar unha decisión e mirar por isto".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020