CRTVG

Buscar

Os novos contaxios de coronavirus na Mariña están relacionados con dous equipos de fútbol

Publicado o 27/06/2020 23:19

Seguimos moi pendentes do rebrote de coronavirus que se rexistra na Mariña lucense. A confirmación de catro positivos está obrigando a intensificar os rastrexos. O que sabemos ata o de agora é que estes novos contaxios estanse a dar en dous equipos de fútbol da comarca, a Sociedade Deportiva Burela e o Celta Barreiros.

En total, realizáronse máis de 200 PCR. Son 22 os infectados, polo de agora. Deles só hai unha persoa ingresada. Trátase dun home de 71 anos. O resto presentan síntomas leves ou mesmo son asintomáticos. O Sergas trata de buscar a orixe deste foco para coñecer se se trata dun caso importado.


 

Noticias web

27/06/2020