A Conferencia Mundial do Atún reúne empresas de máis de 40 países en Vigo
Vigo vai quentando motores para a gran cita feiral do ano: Conxemar, o Congreso Internacional do Conxelado que se celebra a principios de outubro. E como xa é tradicional, estes días se celebra a Conferencia Mundial do Atún, que reúne representantes de empresas de máis de 40 países.
A Conferencia Mundial do Atún arrancou cunha análise exhaustiva das tendencias do mercado do atún, un sector que lidera España, e no que Galicia é o punto de referencia, co 80% da produción. A industria de transformación e comercialización da conserva do atún ten claros os pasos que debe dar.
O brexit é, sen dúbida, unha das maiores preocupacións do sector. A análise do mercado en Asia, Oriente Medio e América centrará as xornadas de mañá, sempre baixo o lema da sostibilidade e a consolidación da industria 4.0 co últimos avances tecnolóxicos.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí