CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Confederación Galega de Minusválidos chama a atención sobre os problemas de accesibilidade para moverse en cadeira de rodas polas cidades

Publicado o 25/09/2018 15:11

Estamos na Semana Europea da Mobilidade, e desde a Confederación Galega de Minusválidos queren chamar a atención precisamente sobre os enormes problemas de accesibilidade existentes para moverse en cadeira de rodas polas cidades. Para demostralo, basta un pequeno percorrido como o que este mediodía fixeron varios representantes políticos desde a estación do tren de Santiago. Beiravías demasiado estreitas ou cun pavimento dificultoso, paradas de autobús inaccesibles ou ascensores demasiado estreitos son só algúns dos problemas que tiveron que afrontar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí