CRTVG

Buscar

Varios investidores galegos, interesados na compra da planta coruñesa de Alcoa

Publicado o 02/11/2018 08:59

A ministra de Industria desvelaba este mércores que había un posible comprador para unha das dúas plantas de Alcoa. Agora, desde a Confederación de empresarios de Galicia dan un paso máis, e avanzan que hai varios investidores galegos interesados na factoria de Arteixo.

"Teño idea de que hai dúas. Algunha si que coñezo o propietario e sei quen é pero non podo dicilo. Xa había intención por parte desta xente de comprala. Xente que son profesionais do sector, entón, é xente que está mirando por este tema", di Antonio Fontenla, vicepresidente da Confederación de empresarios de Galicia.

Desde o comité de empresa din que non teñen confirmado que haxa propostas de compra, pero, engaden que están abertos a estudar todas a ofertas sempre que siga a actividade industrial.

"Habería que estudar todas as maneiras de investimento que hai aquí porque sabemos que é fácil dar un investimento e, despois, en dous anos que estea a planta cos mesmos problemas que temos agora. Entón, unha vez estudado e cunha opción industrial de futuro pois podería ser que nos interesase, ou ao investidor. Nós estamos abertos sempre que siga a actividade industrial aquí, estamos abertos a todas.

Mentres, Alcoa segue adiante co ERE de extinción, malia que este mércores os comités de empresa das dúas factorías plantaron á dirección e non sentaron a negociar as condicións dos despedimentos. A multinacional estadounidense convocounos para unha nova reunión o próximo 6 de novembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/11/2018