CRTVG

Buscar

A coñecida como viúva negra de Valencia, condenada a 22 anos de cadea polo asasinato do seu home

Publicado o 18/11/2020 20:26

A coñecida como viúva negra de Valencia foi condenada a 22 anos de cadea polo asasinato a coiteladas do seu home en agosto do 2017. A sentenza considera probado que María José induciu o seu examante para que cometese o crime. El foi condenado a 17 anos de cadea.

Os feitos ocorreron no garaxe da vítima, cando ía subir ao coche para marchar traballar. El aínda vivía coa muller, e foi ela quen lle deu as chaves ao amante para que entrase para matar o home. Ambos acusados eran compañeiros de traballo e levaban un tempo de relación.

Os dous están xa en prisión dende xaneiro de 2018. Agora, ademais de seguir cumprindo condena, terán que indemnizar a familia da vítima con 250.000 euros.

 

Noticias web

18/11/2020