CRTVG

Buscar

A coñecida como La Manada de Callosa, investigada por outras tres agresións sexuais

Publicado o 07/01/2019 20:08

Os veciños da moza que, presuntamente, foi agredida sexualmente en Aninovo saíron á rúa contra a xa coñecida como La Manada de Callosa. Os datos que transcenden da investigación indican que probablemente non era a primeira vez que actuaban en grupo. A Garda Civil atopou nos seus teléfonos móbiles vídeos do que poderían ser outras presuntas agresións sexuais, e xa hai unha nova denuncia contra eles.

Juan Carlos Palacios, inspector xefe da Polícía Local de Callosa: "Parece ser que hai outras situacións que poderían ser achacables aos presuntos autores desta agresión, e por iso a investigación continúa aberta".

A Garda Civil ten constancia de polo menos outras tres agresións sexuais na zona, e terá que determinar se os catro encarcerados, de idades comprendidas entre os 19 e os 24 anos, están involucrados nelas. A última, a de Aninovo, denunciouna a irmá dun deles, que os pillou no baixo da súa casa agredindo a rapaza.

Os axentes agardan tamén polos resultados de toxicoloxía, que determinarán se, tal e como sospeitan, puideron drogar a vítima para agredila sexualmente.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019