Telexornal Mediodía FDS
A conciliación familiar é o tema central do debate no ciclo de cultura Nexos
Publicado o 27/01/2018 14:54
Dentro do ciclo de cultura contemporánea Nexos, que se está a desenvolver na Cidade da Cultura, asistimo hoxe a unha conferencia sobre a conciliación. Un obxectivo e, ao mesmo tempo un reto, co que principlamente se enfrontan as mulleres na actualidade.
O cambio da familia extensa á nuclear e a precariedade laboral son dous dos factores que fan tan necesario que a conciliación sexa unha realidade.
Con esa intención, no Gaiás organizan tamén o Nexos infantil, sesións con nenos onde tamén tratan os temas dos que debaten os pais. De aquí a xuño debaterase tamén sobre patrimonio, mundo árabe, música portuguesa e banda deseñada.