CRTVG

Buscar

A concesionaria da AP-9 pecha o primeiro semestre cun beneficio bruto de 18,8 millóns

Publicado o 23/09/2019 17:14

A empresa encargada da concesión da AP-9 pechou o primeiro semestre do ano entre xaneiro e xuño cun beneficio de 18,8 millóns de euros netos. Esta cifra supón un aumento do dezasete e medio por cento respecto ao mesmo período do ano anterior.

Os motivos deste incremento son dous: por unha banda, o aumento do tráfico cunha media de 23.117 vehículos ao día, é dicir, un dous por cento máis de tráfico; e, por outra banda, hai que ter en conta a suba nos prezos das peaxes, que desde xaneiro se incrementaron un tres con cinco por cento.

 

Noticias web

23/09/2019