CRTVG

Buscar

A concelleira da Marea Atlántica na Coruña Claudia Delso declarará por un presunto delito de prevaricación

Publicado o 21/05/2019 21:47

A concelleira da Marea Atlántica na Coruña Claudia Delso terá que declarar por un presunto delito de prevaricación. A xuíza citouna para o vindeiro venres. Declarará en calidade de investigada polas presuntas irregularidades na cesión de usos da antiga prisión provincial da Coruña ao colectivo Proxecto Cárcere.

A investigación xudicial iniciouse o pasado mes de xaneiro tras unha denuncia da Fiscalía Provincial da Coruña, que considera que puido haber prevaricación. Delso pediu atrasar a declaración ata despois das eleccións pero foille denegado.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019