CRTVG

Buscar

A conca do Miño e a comarca de Valdeorras repiten esta tarde en aviso amarelo pola calor

Publicado o 25/08/2021 14:17

Con 37 graos, Ourense rexistrou onte á tarde a temperatura máxima de Galicia, nunha xornada de calor abafante en todo o val do Miño.

Agárdase de novo hoxe unha xornada calorosa con valores por riba dos 36 graos. Por sorte, as mañás dan un respiro, pero despois de varias xornadas con altas temperaturas a calor mantense nas casas tamén polas noites.

Sol, calor e baños para refrescarse, son moitos os que agradecen o tempo quente.

Ata as nove da noite repítese o aviso amarelo pola calor na conca do Miño ourensá e tamén na comarca de Valdeorras.

Noticias web

25/08/2021