CRTVG

Buscar

A Comunidade Valenciana recibirá outros 250 millóns do FLA

Publicado o 16/09/2019 20:46

A Comunidade Valenciana recibirá antes do 9 de outubro outros 250 millóns de euros procedentes do Fondo de Liquidez Autonómica. Así o confirmou o presidente valenciano, Ximo Puig, despois de verse coa ministra de Facenda en funcións.

A cambio destes cartos, a comunidade terá que aprobar un plan económico financeiro en que deberá concretar recortes no gasto autonómico.

Igual que ao resto de comunidades, a ministra asegurou que a Comunidade Valenciana recibirá antes de final de ano os anticipos a conta que lle deben, neste caso 450 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019