CRTVG

Buscar

A comunidade internacional promete 250 millóns de axuda para O Líbano

Publicado o 09/08/2020 20:59

Pedro Sánchez reiterou o compromiso de España coa poboación libanesa tras a explosión do pasado martes. Segundo o comunicado de Moncloa, o Goberno está diposto a contribuír ao esforzo colectivo pero non precisa ningún tipo de axuda financeira.

A conferencia de doantes, convocada polo presidente francés, contou coa participación dos xefes de estado ou de goberno de 26 países. Macron reclamou que a axuda da comunidade internacional chegue o máis axiña posible. pero ao mesmo tempo esixiulle ás autoridades libanesas que permitan uunha investigación imparcial, crible e independente sobre a explosión das 2.700 toneladas de nitrato de amonio almacenadas irregularmente. O Goberno libanés cre que a intervención de estranxeiros atenta contra a soberanía do país.

Mentres continúan as protestas nas rúas. Este domingo os manifestantes botaron pedras contra a sede do Parlamento. Horas antes, a ministra de Información pedía perdón e dimitía por considerar que segue habendo resistencia aos cambios. E este luns o primeiro ministro solicitará que se convoquen eleccións anticipadas.

A reconstrución de Beirut custará miles de millóns de euros e, segundo os expertos, pode supoñer o 25 por cento do PIB do país asiático.

Noticias web

09/08/2020