CRTVG

Buscar

A comunidade galega residente na Palma vive con expectación a erupción do volcán

Publicado o 20/09/2021 14:33

Os únicos danos provocados pola erupción da Palma son materiais, non quedou ferida ningunha persoa, tampouco entre a comunidade galega desta illa canaria. Un deles é Miguel Cid, nacido en Vilar de Barrio, que leva 30 anos na Palma e contaba na Radio Galega como estaba vivindo estes momentos.

A comunidade galega residente na illa da Palma vive con expectación a erupción do volcán Cumbre Vieja, pero tamén comparte o sufrimento dos veciños que perderon as súas casas e viron destruídos os seus cultivos polo avance da lava.

Asegura que o plan de emerxencia funcionou moi ben e que as autoridades insisten en que o risco é mínimo, pero pídenlle á poboación que evite achegarse ao lugar da erupción porque non se sabe canto pode durar. 

Os veciños da Palma agardan que esta erupción do Cumbre Vieja sexa o máis curta posible para poder canto antes recuperar a normalidade.

Noticias web

20/09/2021