CRTVG

Buscar

A comunidade de propietarios dun edificio de Cedeira denuncia o comportamento incívico dunha veciña

Publicado o 11/02/2021 20:30

O conflito leva vivo uns cinco anos. Segundo os veciños deste edificio de Cedeira, a orixe está no cuarto andar, onde reside a muller coa que levan eses mesmos cinco anos mal convivindo e mal entendéndose. O motivo, o comportamento incívico cos seus animais e coa comunidade. A Policía tivo que intervir en varias ocasións.

Denunciouse tamén no Concello, no Seprona e mesmo nos xulgados. Porén volve haber animais e continúan as condicións insalubres e molestas para a convivencia. A muller ten agora unha sentenza en contra que a obriga a desinfectar e abandonar o piso durante dous anos. Pero a sentenza está recorrida e mentres tanto nada cambia.

Un chamamento desesperado ante unha situación que, aseguran, está a perturbar a súa vida cotiá.


 

Noticias web

11/02/2021