Telexornal Serán
A comunidade de Montes de Estacas en Fornelos descobre máis de corenta chouzos no monte
Publicado o 29/03/2018 20:58
A comunidade de Montes de Estacas en Fornelos de Montes acaba de descubrir máis de corenta chouzos no monte. Son vellas construcións de apoio aos pastores, cunha arquitectura moi especial que lembra un túmulo funerario. O achado únese a un foxo de lobo, a un neveiro e un conxunto de petróglifos, polo que consideran que se podería facer unha interesante ruta etnográfica polo lugar.
Así son os chouzos aparecidos no monte comunal de Estacas en Fornelos,lembran en parte as mámoas.
7.40" os chozos....
7.49"...características"
Están documentados a partir do ano 1550 como construcións de pastoreo, pero na comunidade de montes pensan que son anteriores e que tiveron outros usos.
7.56"histórico...
8.15"antigüedad
Na zona hai tamén petróglifos,un foxo do lobo e mesmo un neveiro.
16.34"temos...
16.44"...viva"
Por todo isto os comuneiros non desbotan que se poda crear unha ruta para que os amantes do medio natural podan gozar da riqueza etográfica dos montes da comunidade de Estacas.