CRTVG

Buscar

A comunidade científica lembra a importancia de vacinarse

Publicado o 11/06/2021 16:16

Para alcanzar a chamda inmunidade de grupo é preciso ter, como mínimo, un 70 % da poboación vacinada. Porén, acadar esta porcentaxe pode non ser abondo porque hai máis factores en xogo. 

A comunidade científica lembra que ese cálculo non pode ser local ou país a país. Hai que facelo contando con todo o planeta, porque mentres haxa poboación sen inmunizar, poden xurdir novas variantes que favorezan a propagación.

Ademais, a imnunidade de grupo fai que se reduzan drasticamente as probabilidades estatísticas de contaxio, pero non as elimina.

"Imaxina cen persoas xuntas, 70 con escudo e 30 sen el. Lanzamos unha frecha e a posibilidade de darlle a unha desas 30 é bastante baixa", explica César Muñoz-Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Bernhard-Nocht (Hamburgo).

O virus segue a circular e, por iso, é importante vacinarse. As persoas que non están protexidas seguen a ter os mesmos riscos de padecer a doenza ou de sufrila con síntomas graves.

Noticias web

11/06/2021