CRTVG

Buscar

A comunicación animal é unha boa técnica para mellorar o vínculo con eles

Publicado o 25/03/2018 21:45

Estes días está por Galicia unha especialista en comunicación animal, unha doutora que ofrece técnicas para axudar a que nos entendamos sen ambigüidades cos nosos animais. Pretende mellorar o vínculo con eles e mesmo que os acompañemos no momento da súa morte do xeito que eles desexan.

O seu labor está recoñecido por premios internacionais e tamén polo feito de que hai anos que se dedica profesionalmente á comunicación cos animais.

Para esta guipuscoana o traballo vai máis aló, e ofrece cursos e asesoramento sobre comunicación animal, terapia animal, acompañamento na enfermidade, pasamento e dó. Unha doula.

Veu a Galicia dar un curso e canda ela fixo o camiño o seu can, o primeiro en conseguir a perregrina, unha compostela canina coa que a Asociacón Protectora de Animais do Camiño fai unha reivindicación.

Na parte de atrás da credencial a imaxe dun santo lembra que o respecto e o amor son a base do entendemento cos animais.

Noticias web

25/03/2018