CRTVG

Buscar

A compravenda dun coche acaba con dous homes atados de pés e mans e sen 18.000 euros

Publicado o 01/10/2019 12:16

O que ía ser unha sinxela compravenda dun coche entre particulares acaba nun suceso propio da historia dun guión cinematográfico. Dous homes viaxaron dende Estremadura a Sarria para mercar un vehículo. A cita era no barrio de Treilán. Cando chegaron ao punto de encontro, o que os agarda non era o flamante coche que viñan mercar, senón os dous supostos vendedores, que resultaron ser uns ladróns e non de luva branca. Empuñando unha arma curta e unha navalla ameazaron e ataron de pés e mans as dúas vítimas para esixirlles os 18.000 euros, prezo que previamente fixaran para a adquisición do turismo e que as dúas vítimas levaban consigo.

Unha vez que se fixeron co botín, os ladróns picaron as rodas do vehículo en que se desprazaran as vítimas e fuxiron. Unha vez que os dous homes conseguiron desfacerse das súas ataduras avisaron a Garda Civil. De momento non hai detidos, os axentes buscan dous homes con acento estranxeiro seguindo as descricións que achegaron as vítimas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019