CRTVG

Buscar

A compravenda de vivendas subiu case un 9% en Galicia o ano pasado

Publicado o 13/02/2018 14:44

 

A compravenda de vivendas subiu case un 9 % en Galicia o ano pasado. No conxunto de España o incremento foi aínda maior, moi próximo ao 15 %. Por primeira vez nos últimos seis anos, houbo un incremento no mercado de vivenda nova.

En Galicia vendéronse en 2017 preto de 15.000 vivendas, case un 9 % máis que no ano anterior, aínda que foi, xunto co País Vasco, onde se rexistraron os incrementos máis modestos.
No conxunto de España, o número de casas vendidas o ano pasado foi o maior desde 2008, o último exercicio en que se superou a cifra de 500.000 vivendas comercializadas. 

O mercado sobe por cuarto ano consecutivo e faino en todas as comunidades autónomas, onde máis en Castela - A Mancha, Madrid e Valencia. Do total de vivendas vendidas,  8 de cada dez foron casas usadas.

Non só subiu o mercado de segunda man, senón tamén o de vivenda nova, que se reactiva despois de seis anos de descensos. Fixéronse máis de 83.000 operacións, o que supón case un 11 % máis que no 2016.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018