CRTVG

Buscar

A compravenda de vivendas aumentou en xullo case un 4%

Publicado o 12/09/2019 21:08
A compravenda de vivendas aumentou en xullo case un 4%

A compravenda de vivendas aumentou en xullo case o 4% e marca máximos desde 2008. Son datos do Instituto Nacional de Estatística e refírense á vivenda libre. Neste 4% de suba incide a obra nova pero, sobre todo, a que tira do mercado inmobiliario é a de segunda man.

De cada cen operacións de compravenda que se realizaron en xullo, 82 foron de vivendas usadas. Os expertos cren que o mercado inmobiliario tende a estabilizarse.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019