CRTVG

Buscar

A compravenda de vivenda reduciuse un 8 % en xaneiro en Galicia

Publicado o 16/03/2021 10:25
A compravenda de vivenda reduciuse un 8 % en xaneiro en Galicia

A compravenda de vivendas reduciuse un 8 % en xaneiro en Galicia en relación ao mesmo mes do ano anterior, ata sumar 1.429 operacións, segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística. O cociente situouse en 65 por cada 100.000 habitantes.  

En total, as propiedades transmitidas inscritas nos rexistros diminuíu un 11,2% ao arranque do ano na comunidade galega, tamén en comparación con xaneiro de 2020, ao contabilizarse 7.432 operacións, isto é, 340 por cada 100.000 habitantes.  

No conxunto estatal, a compravenda de vivendas caeu un 15,4 % o pasado mes de xaneiro en relación ao mesmo mes de 2020, ata sumar 39.753 operacións. A pesar deste descenso, a cifra total de compravendas é a máis elevada desde febreiro, xusto antes de que estalase a pandemia.