CRTVG

Buscar

A compravenda de coches usados medrou un 11% en xullo

Publicado o 11/08/2020 15:13

O mercado de coches de segunda man viuse moi afectado pola pandemia do coronavirus pero a capacidade de recuperación está a ser sorprendente.

No mes de xullo vendéronse en España preto de 223.000 coches de ocasión, un 10,9% máis ca no mesmo período do ano anterior e un 27% máis ca no mes de xuño. En Galicia vendéronse en xullo máis de 14.000 vehículos usados, 4.000 máis ca no mes anterior. 

Carlos Beade, responsable de vehículos de ocasión do Grupo Breogán, asegura que o incremento de vendas global foi superior ao 10% pero sinala que na nosa comunidade ainda foi superior. Estima que en Galicia o incremento foi superior ao 20%.

Os expertos atribúen este incremento ao aprazamento das vendas que se produciu durante a pandemia pero tamén ás facilidades de financiación que hai nestes momentos.

A compravenda de coches eléctricos de ocasión tamén se incrementou aínda que a un menor ritmo; así e todo vendéronse preto de 2.000 no conxunto de España, un 31% máis ca en xullo de 2019.

 

Noticias web

11/08/2020