CRTVG

Buscar

A compra nos postos da praza de abastos de Ourense pódese facer desde unha plataforma en Internet

Publicado o 20/04/2021 14:53

Sergio é o encargado de xestionar e repartir na praza de abastos de Ourense os pedidos que chegan a través da plataforma de venda en liña.

Vantaxes para os clientes para mercar desde a casa os produtos locais, frescos e nos seus postos de sempre.

Na praza de abastos de Ourense apostaron desde o inicio polo repartimento a domicilio e venda a través da Internet, e permitulles seguir mantendo a actividade nos peores momentos da pandemia.

Para os praceiros, é un xeito de chegar a máis público ademais de manter a súa clientela habitual.

A plataforma galega de venda en liña Kibus xa está presente nas prazas de abastos das sete cidades galegas e noutras cidades como Bilbao ou Santander.

Noticias web

20/04/2021