CRTVG

Buscar

Casado denuncia unha campaña de calumnias por un presunto trato de favor

Publicado o 16/05/2018 20:49

Pablo Casado denuncia unha campaña de calumnias contra a súa persoa, despois de que o xornal 'El Mundo' publicara que gozou dun trato de privilexio na universidade.Segundo o rotativo, o voceiro do PP aprobou a metade da carreira de dereito no mesmo verán en que logrou o escano de deputado. A información cita profesores que relatan presuntas presións da entón presidenta madrileña, Esperanza Aguirre, para aprobar a Casado. Tanto o dirixente popular como Aguirre ou o propio centro desmentiron a información. Casado quéixase da súa indefensión ante unhas acusacións das que non se achega proba ningunha. 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018