CRTVG

Buscar

A compentencia no mercado en Portugal modera as subas da electricidade

Publicado o 30/08/2021 15:33

Portugal réxese exactamente polo mesmo mercado eléctrico que ten España. Isto significa que hoxe tamén pagarán 124 euros o megawatt hora, pero os nosos veciños non semellan preocupados por estas subas.

En Portugal os medios de comunicación non se fan eco destas subidas. Tampouco se fala na rúa diso e o motivo é porque máis do 80 % dos fogares están no mercado libre. E por que é isto? Pois porque en Portugal hai máis mercado que en España e polo tanto máis competencia.

Hai máis comercializadoras e existe unha batalla real polos prezos. Aquí mesmo aplican descontos e combinan subministracións de gas e luz, por exemplo, o que lles permite maior estabilidade na factura. E se non lles gusta pois mudan á competencia que lles ofreza mellores prezos.

 

Noticias web

30/08/2021