CRTVG

Buscar

A compañía Sarabela Teatro estrea a súa versión de 'A lingua das bolboretas' en Ourense

Publicado o 16/09/2020 16:48


Hai xa 25 anos que Manuel Rivas escribiu 'Que me queres, amor?', e hai 21 que José Luis Cuerda rodou esta historia no cinema. A ilusión dunha escola que formaba cidadáns libres. Palabras e imaxes que forman parte dun imaxinario colectivo onde traballar desde o teatral.

Narrar coa palabra no centro, pero costruíndo con escenas máis evocadoras que atrapan o público na mensaxe da historia.

Unha emoción inevitable porque Sarabela celebra o seu 40 aniversario nas táboas e porque a historia do Pardal e don Gregorio é o relato sobre as ilusións persoais e colectivas que esvaecen.

Noticias web

16/09/2020