CRTVG

Buscar

A compañía holandesa SMIT, ao mando das operacións para desencallar o Blue Star

Publicado o 24/11/2019 17:18

A marea baixa permitiu observar con máis claridade os danos no casco do BlueStar. Durante a mañá o dispositivo de Salvamento Marítimo centrouse en preparar o escenario para intentar unha vez máis reflotar o buque químico, cos remolcadores Don Inda e Ibaizábal no centro do operativo. Os mergulladores dunha empresa privada contratada pola armadora agardaban o momento preciso para inspeccionar os baixos do barco.

Todo cambiou ao mediodía, tras unha xuntanza entre os responsables de Salvamento e da empresa armadora. A compañía holandesa SMIT, que en 2002 tamén asumiu o rescate do Prestige, tomou o mando das operacións para desencallar o Blue Star. O operativo previsto para a preamar das dúas da tarde quedou suspendido.

O concello de Ares esixe garantías de seguridade e estar permanentemente informado sobre o operativo.

Noticias web

24/11/2019